Despois de sete anos de traballo compre que a poboación dos territorios costeiros sexa coñecedora e partícipe do labor que se está desenvolvendo desde os
GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA. Por este motivo, a Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración co GAC 2
(Grupo de Acción Costeira 2, Golfo Ártabro) convídavos a compartir unha xornada mariñeira o vindeiro martes 11 de agosto na que faremos un repaso do traballo desenvolvido nos GAC durante o período de axudas 2007-2013. Ademais coñeceremos proxectos creados con éxito na nosa zona e trazaremos xuntos os retos de futuro para o novo período de axudas de aquí a 2020. A vosa participación é fundamental para planificar as accións dentro do noso territorio e tamén de cara a trazar novas estratexias que permitan tecer redes con outros territorios costeiros e aproveitar dun xeito sostible todo o potencial da costa galega.
DESCARGAR CARTEL