Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO
VIVIR DO MAR, TECER O FUTURO
XORNADA FINAL / 3 DE OUTUBRO
Despois das xornadas organizadas en cada un dos Grupos de Acción Costeira durante o verán, chega o momento de xuntarnos cos compañeiros e compañeiras de todos os territorios costeiros galegos para intercambiar experiencias e poñer en común ideas de cara ao futuro. Por este motivo, a Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración cos Grupos de Acción Costeira convídavos a compartir unha xornada mariñeira o vindeiro sábado 3 de outubro no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura na que faremos un repaso do traballo desenvolvido nos GAC durante o período de axudas 2007-2013, coñeceremos proxectos creados con éxito nos 7 Grupos de Acción Costeira, e trazaremos xuntos os retos de futuro para o novo período de axudas de aquí a 2020. A vosa participación é fundamental para planificar as accións de cada territorio e tamén de cara a trazar novas estratexias que permitan tecer redes entre os distintos territorios costeiros e aproveitar dun xeito sostible todo o potencial da costa galega. 

DESCARGAR CARTEL
PROGRAMA / Sábado 3 de outubro
Santiago de Compostela
Auditorio da Biblioteca - Cidade da Cultura


11:00  Benvida e Presentación.
                Juan Carlos Maneiro. Secretario Xeral do Mar.
                Consellería do Medio Rural e do Mar.


11:15  Os resultados e os novos retos das zonas pesqueiras
                Presidentes/as dos Grupos de Acción Local
                Susana Rodríguez. Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
                Consellería do Medio Rural e do Mar.


12:00  Vídeo sobre os proxectos impulsados polos GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA.

12:15  Experiencias Locais
                GAC 1: Maremasma. Foz.
                GAC 2: Campeonato de Traíñas de Mugardos. Mugardos.
                GAC 3: A Casa do Peixe. Muxía.
                GAC 4: Hotel Mar de Ardora. Fisterra.
                GAC 5: Confraría de Rianxo:
                Ecomar, Ardentía, Rianxo Divulga.
Rianxo.
                GAC 6: Punto de Control das Mariscadoras de Raxó. Poio.
                GAC 7: Mar de Silleiro. Baiona.


12:45  FARNET. Rede Europea de Zonas de Pesca.
                Lorena Vandekolk.

13:00  Clausura da Xornada.
                Rosa Quintana Carballo. Conselleira do Medio Rural e do Mar.
                Vídeo TECEREDES en colaboración coas redeiras.
                Tecendo o futuro da nosa costa.


Durante toda a xornada haberá actividades infantís para que podades participar en familia, coa tranquilidade de saber que os vosos fillos e fillas estarán atendidos e entretidos.
Grazas adiantadas pola vosa asistencia. Participando nesta xornada axudades a tecer o futuro da nosa costa.

Confirmación de asistencia:
Laura Nieto Zas
gac6@accioncosteira.es
teléfonos 698180887 / 886213015
Europa inviste na pesca sustentable