Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA
Un motor de innovación para a economía social
Unha rede de Intercooperación
Unha plataforma de Internacionacionalización
Un selo distintivo para as empresas galegas de Economía Social
Estimadxs compañeirxs,

Nestes dous últimos anos temos contactado con vós para convidarvos a participar no Encontro das Industrias Creativas ZINC SHOWER en Madrid, co respaldo da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, baixo unha marca-paraugas que demos en chamar GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA.

Despois das conversas mantidas individualmente con cada un de vós neses contactos, e de que todxs nos trasladásedes a necesidade de construírmos algo xuntos, decidimos impulsar GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA como unha rede de traballo para as empresas de economía social galegas (cooperativas, cooperativas sen ánimo de lucro e sociedades laborais) que nos axude a coñecernos, intercooperar, compartir servizos, experiencias, ideas e proxectos; e tamén para saír fora de Galicia, formarnos, solicitar axudas… e facelo sempre desde a perspectiva da creatividade, entendida no seu sentido máis amplo e aplicada a calquera sector, co fin de converter GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA nun verdadeiro motor de innovación social. Contamos co visto e prace da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social pero pretendemos constituírnos como unha plataforma autónoma e libre en todas as nosas accións e decisións.
O mércores 23 de setembro ás 16:30, estaremos na Casa das Campás de Pontevedra, dentro das Xornadas de Emprendemento do PONT-UP STORE, presentando a rede de traballo GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA. No adxunto atoparedes un primeiro documento fundacional que queremos seguir construíndo coa participación de todas e todos vós.
Achegádevos a Pontevedra a compartir con todxs xs compañeirxs esta primeira sesión de traballo conxunto; ou facédenos chegar a este enderezo electrónico o voso parecer sobre o contido do documento.

Grazas adiantadas pola vosa atención. Quedamos atentas aos vosos pareceres.

Apertas

Marián Fernández   /  Tel. 650 579 208
marian@ocableingles.com


Consello Galego de Cooperativas